Temos o pracer de convidarte

á nosa voda

Queremos compartir este día tan especial contigo. Esperamos que nos acompañes nesta nova etapa das nosas vidas.

Detalles da celebración

26 de xuño

2026

Días
Horas
Min.
Seg.

18:30 horas

recepción de convidados

cerimonia · petiscos e DJ ·
cea · baile · barra libre

Así vai ser o día

18:30

A cerimonia

Baixo as follas dos carballos e a carón do Miño. Non podería haber mellor lugar.

18:30
19:30

Petiscos con música

É o intre dos reencontros e das anéctodas. E non esquezas pedir o teu recordo da voda!

19:30
21:30

Cea

Os mellores produtos galegos da terra e do mar. Garda un oco para probar todo!

21:30
23:30

Baile

Un intre especial que queremos compartir contigo. Leva as túas mellores galas.

23:30
03:30

Festa e barra libre

Barra libre e boa música ata que o corpo aguante. E unha recea a quen lle preste.

03:30

En que mesa estarás?

Os nosos gatiños van estar presentes de modo simbólico nas mesas. Vota pola mesa na que che gustaría estar sentado. Se atinas na que vas ir, levas premio!

* O gato marelo é un gato da rúa que aparece de cando en vez por aquí e agora é amigo dos nosos

Castaña

5

Coco

6

Deli

8

Nécora

8

O gato marelo

4

Oreo

4

Cousiñas que nos preguntaron

Agasallos

O teu acompañamento é o mellor agasallo. Con todo, se desexas ter un detalle connosco, é sinxelo. Pode ser algo físico. Fala con Ana (irmá de Anxo) para preguntar se xa alguén vai agasallar iso e así non colisionar. Se é dixital/bancario preme aquí.

Vestimenta

Non temos dress code. Gústache o traxe? Adiante. Prefires gravata de lazo? Perfecto. Tacón alto? Adiante. Mellor baixo? Tamén está ben. Con que veñas coas que consideres as mellores galas, está perfecto.

Transporte

Haberá transporte ao rematar para que poidas ir a Lugo sen depender do coche. Nesas datas haberá moito aloxamento dispoñible na cidade amurallada. Se podemos, negociaremos varias paradas coa empresa de buses.

ES17 2080 0011 9930 4003 6444